ISBN: 9791370294403
SINOPSIS
«O día anterior, tan solitario e aburrido; e hoxe, tan acompañado polas túas cartas!»
Sabela recibe da súa avoa unha terrible herdanza: unha caixa ateigada de fragmentos de vida. Nela, ademais dun monllo de cartas hai toda unha arqueoloxía de pequenos tesouros: envoltorios de azucre, panos de mesa de cafeterías diversas, recortes con debuxos e postais do Museo do Prado.
Todo un rastro documental dun namorado do que nunca se escoitara falar na familia.
A través desta herdanza, Sabela tenta recompoñer a identidade secreta da súa avoa e a verdade sobre un home que escribía desde as sombras dun tiránico servizo militar.
Pero mergullarse nos silencios alleos implica un risco: descubrir que o pasado sempre regresa, como o can ao trousado, teimudo e inevitable, para reclamar o seu lugar no presente.
Nesta complexa novela epistolar, a memoria funciona como un crebacabezas de papel onde cada sobre aberto é unha ferida que cicatriza ou unha desaparición que, por fin, comeza a explicarse.
ISBN: 9791370294403
Título: Como o can ao trousado
Fecha: 2025
Páginas: 852