Autor

Nacín un caloroso 17 de agosto do ano 92. Aquel día miña nai vía como bailaba meu irmán maior e meu pai tiña un concerto co seu grupo, mais cando chegou xa tivo que marchar correndo para me dar a benvida.

Son de Vimianzo, do corazón da Costa da Morte. E alí está o meu corazón. Mais non enteiro, un anaquiño deixeino en Compostela, onde estudei filoloxía galega e onde pasei os mellores anos da miña vida.

Outro anaco pequeno vive na Coruña, a cidade da luz, onde me preparei para ser profesora de galego e onde hai pouco comecei o longo camiño das oposicións. Agardo así conseguir preparar a outros/as no futuro.

5/5
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp